Ofertas Turismo Rural Casa Entremuros Turismo Rural Casa Entremuros en Facebook

A casa

  • Salón Casa Entremuros en Cances-Carballo(A Costa da Morte)
  • Salón Casa Entremuros en Cances-Carballo(A Costa da Morte)
  • Cociña Casa Entremuros en Cances-Carballo ( A Costa da Morte)
  • Piscina Casa Entremuros en Cances-Carballo (A Costa da Morte)

A Casa de Entremuros é un conxunto arquitectónico propio da fidalguía rural galega do século XIX. Na súa restauración (ano 1998) respetouse o ambiente orixinal, tanto en materiais como en mobles e decoración, combinando todo iso coas esixencias do máximo confort.Tamén se coidaron os muros de pedra que rodean toda a propiedade que lle dan nome á casa.

Xardín

Construída no fértil val bergantiñán de Cances, entre as primeiras praias da Costa da Morte, o couto troiteiro de Verdes e o máxico Monte Neme conférenlle un atractivo especial para amantes da tranquilidade e a natureza.



A súa ubicación entre Carballo e Malpica convértena nun enclave idóneo dende o que visitar as cidades da Coruña, Santiago de Compostela e toda A Costa da Morte.

Baldaio

A gastronomía da zona é absolutamente excepcional, tanto como a hospitalidade dos seus habitantes. Desde os pratos máis populares e estacionais ás máis elaboradas formas da nova cociña, os productos do mar e das agras da redonda son preparados nas tabernas e restaurantes, con cadanseu peculiar e distintivo modo de comprender unha antiga e afamada tradición do bo comer.

Entre as actividades que se poden realizar perto do lugar están a camiñada, rutas a cabalo, barranquismo, paintball, quads e cicloturismo, así como excursións aos impresionantes faros e preciosos pobos pesqueiros da Costa da Morte.


Veña desfrutar desta sorprendente redonda galega en Entremuros.

Visita Virtual